A Plataforma Intelixente de Destinos entra en funcionamento para impulsar a dixitalización turística

A Plataforma Intelixente de Destinos entra en funcionamento para impulsar a dixitalización turística

O pasado xoves, 3 de xullo, activouse a Plataforma Intelixente de Destinos (PID), un novo sistema dixital de alcance nacional deseñado para mellorar a xestión turística en España. Impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo e financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a plataforma preséntase coma unha infraestrutura dixital pública ao servizo de destinos, empresas, turistas e residentes.

 

A PID, xestionada por SEGITTUR, nace como ferramenta central do modelo de Destinos Turísticos Intelixentes, e ten como obxectivo facilitar a toma de decisións, mellorar a coordinación entre administracións e empresas, e fomentar unha experiencia turística máis adaptada ás necesidades do visitante. Ademais, permitirá aos xestores coñecer mellor os perfís de quen visita os seus territorios, optimizando recursos e servizos.

 

Co lanzamento do nodo central, a plataforma inicia agora un proceso gradual de integración, no que os destinos se irán incorporando en función da súa madurez tecnolóxica. O sistema concíbese como unha contorna escalable e flexible, capaz de adaptarse ás particularidades de cada territorio.

 

En paralelo, 46 destinos xa recibiron un impulso económico de 95 millóns de euros para reforzar a súa infraestrutura tecnolóxica e ser pioneiros na plataforma.