A plataforma de reservas Vitgal.es permitirá buscar aloxamentos nas distintas rutas do Camiño de Santiago

A plataforma de reservas Vitgal.es permitirá buscar aloxamentos nas distintas rutas do Camiño de Santiago

A Xunta e a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia colaborarán en materia de promoción e regularización.

 

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga),  Dulcinea Aguín, acaban de presentar unha actualización de Vitgal.es, a plataforma de reservas posta en marcha por esta última entidade. Cos cambios realizados, a web permitirá localizar aquelas vivendas que se atopan nos distintos traxectos do Camiño de Santiago converténdose así nun elemento máis de apoio á promoción do Xacobeo 21-22.

 

Esta actualización, que contribuirá a dar a coñecer os aloxamentos adheridos a  Aviturga en mercados nacionais e internacionais, forma parte do proxecto de colaboración que a asociación e a Xunta levan a cabo para reducir o número de vivendas turísticas non regularizadas e para desenvolver actividades de formación e profesionalización entre os responsables dos aloxamentos. A Administración autonómica achega 80.700 euros a un proxecto que permitirá incorporar a vitgal.es un servizo de atención telefónica para dar de alta novas vivendas nesta plataforma de reservas.

 

Tamén será habilitado un servizo similar en legaliciate.gal, a plataforma posta en marcha pola Xunta e Aviturga para potenciar de forma específica o proceso de rexistro das vivendas de uso turístico e propiciar que poidan ser alugadas cumprindo a normativa galega. A responsable de Turismo de Galicia sinala que con estas actuacións consolidarase a oferta turística de calidade nese sector á vez que se reduce o número de establecementos que funcionan á marxe da normativa.