A semana pasada, a gastronomía galega volveu lucir na última edición da Guía Michelín, conseguindo dúas estrelas novas para a comarca: Vértigo (Sober) e Miguel González (Ourense).
Estas dúas novas estrelas, sumadas ao resto de restaurantes galegos que manteñen esta distinción, suman o total de 19 establecementos con este prestixioso galardón.
No caso de Vértigo, situado na Adega Regina Viarum e dirixido polo chef Rafa Centeno, a guía destaca o fito que “o converte no primeiro restaurante adega de Galicia en obter este recoñecemento internacional”.
Mentres, Miguel González recupera a estrela que perdera temporalmente cando pechou para trasladarse do Pereiro de Aguiar a Ourense.
Máis alá das novas incorporacións, manteñen a súa estrela Maruja Limón, de Rafa Centeno, e Silabario, de Alberto González, ambas en Vigo; Eirado, de Iñaki Bretal, en Pontevedra; Casa Solla, de Pepe Solla, en Poio; Yayo Daporta, de Yayo Daporta, en Cambados; Nova, de Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, Ceibe, de Xosé Magalhaes e Lydia del Olmo, en Ourense; A Tafona, de Lucía Freitas, Simpar, de Áxel Smyth e Claudia Merchán e Casa Marcelo, de Marcelo Tejedor, en Santiago; Ferpel Gastronómico, de Elio Fernández, en Ortigueira; Árbore da Veira, de Luis Veira, na Coruña; O Pazo, de Óscar Vidal, en Padrón, e Terra de Fisterra, de Brais Pichel, en Fisterra.
Sen dúbida, estes galardóns destacan o nivel de consolidación e excelencia gastronómica da nosa terra.