Fecha/Hora
Date(s) - 31/03/2022 - 13/04/2022
Todo el día
Categorías
Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán lugar nas Palmas, o día 10 de maio, e en Tenerife, o día 11 de maio. Os citados eventos, que terán lugar no Hotel Royal Hideaway Santa Catalina e no Iberostar Heritage Grand Mencey, consistirán nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dun cóctel degustación.
Os workshops, que darán comezo ás 20:00 horas, contarán cun máximo de 25 empresas galegas. A continuación, terá lugar cea degustación tipo cóctel, comezando coa proxección dun vídeo promocional de Galicia e unha breve intervención institucional. Ademais, coa finalidade de premiar a aqueles participantes das Palmas e Tenerife que máis contactos realicen, realizarase un sorteo de estancias ao fin da velada.
A acción comercial iniciarase o 10 de maio, saíndo desde o aeroporto de Santiago de Compostela con destino ás Palmas, incluíndo unha maleta para facturar, e finalizará o xoves 12 de maio, seguindo o itinerario que se detalla a continuación:
DIA | ROTEIRO | HORARIOS |
10/05/2022 | Santiago de Compostela- Las Palmas | 11:30 – 13:20 |
11/05/2022 | Las Palmas – Tenerife | 13:00 – 13:30 |
12/05/2022 | Tenerife – Santiago de Compostela | 09:45 – 13:25 |
O Clúster de Turismo de Galicia asumirá os gastos de transporte, organización e cea tipo coctel, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento e xantares.
Por motivos loxísticos, no workshop estará presente unicamente unha persoa por empresa e as prazas asignaranse de acordo cos criterios de priorización de empresas que poden consultar na seguinte ligazón. O número máximo de participantes é de 25 persoas.
No caso de que desexen asistir, deberán cumprimentar o seguinte formulario. Toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, deberá abonar a cantidade de 1.200,00 €, salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.
O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 13 de abril ás 14:00 horas.
Formulario
Las reservas están cerradas para este evento.