Inscrición workshops As Palmas e Tenerife | Martes 10 e mércores 11 de maio de 2022

Map Unavailable

Fecha/Hora
Date(s) - 30/03/2022 - 13/04/2022
Todo el día

Categorías


Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística da nosa comunidade, o Clúster de Turismo de Galicia está a organizar dúas xornadas presentación que terán lugar nas Palmas, o día 10 de maio, e en Tenerife, o día 11 de maio. Os citados eventos, que terán lugar no Hotel Royal  Hideaway Santa Catalina e no  Iberostar  Heritage  Grand  Mencey, consistirán nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dun cóctel degustación.

Os  workshops, que darán comezo ás 20:00 horas, contarán cun máximo de 25 empresas galegas. A continuación, terá lugar cea degustación tipo cóctel, comezando coa proxección dun vídeo promocional de Galicia e unha breve intervención institucional. Ademais, coa finalidade de premiar a aqueles participantes das Palmas e Tenerife que máis contactos realicen, realizarase un sorteo de estancias ao fin da velada.

A acción comercial iniciarase o 10 de maio, saíndo desde o aeroporto de Santiago de Compostela con destino ás Palmas, incluíndo unha maleta para facturar, e finalizará o xoves 12 de maio, seguindo o itinerario que se detalla a continuación:

DIA ROTEIRO HORARIOS
10/05/2022 Santiago de Compostela- Las Palmas 11:30 – 13:20
11/05/2022 Las Palmas – Tenerife 13:00 – 13:30
12/05/2022 Tenerife – Santiago de Compostela 09:45 – 13:25

 

O Clúster de Turismo de Galicia asumirá os gastos de transporte, organización e cea tipo  coctel, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento e xantares.

Por motivos loxísticos, no  workshop estará presente unicamente unha persoa por empresa e as prazas asignaranse de acordo cos criterios de priorización de empresas que poden consultar na seguinte ligazón. O número máximo de participantes é de 25 persoas.

No caso de que desexen asistir, deberán cumprimentar o seguinte formulario. Toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, deberá abonar a cantidade de 1.200,00 €, salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.

O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 13 de abril ás 14:00 horas.

Formulario

Las reservas están cerradas para este evento.