O Camiño de Santiago, protagonista no Congreso Internacional “Ou Caminho que nos une”

O Camiño de Santiago, protagonista no Congreso Internacional “Ou Caminho que nos une”

  • O evento celebrouse no marco do proxecto europeo CLUSTERTUR.

O Camiño de Santiago foi o tema central do congreso internacional “O Caminho que nos une”, celebrado na localidade portuguesa de Barcelos e organizado por Turismo do Porto e Norte de Portugal en colaboración con Turismo de Galicia e a Asociación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal. O evento, enmarcado no proxecto europeo CLUSTERTUR, reuniu a expertos e representantes do sector turístico de Galicia e o Norte de Portugal, co obxectivo de fortalecer a cooperación entre ambas as rexións na promoción e xestión sostible dos seus recursos culturais e turísticos.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, asistiu a esta cita destacando a importancia de traballar en rede para consolidar o Camiño de Santiago como referente de sostibilidade. Durante o congreso, abordáronse temáticas clave como a xestión eficiente das rutas xacobeas, a implementación de estratexias innovadoras para a súa promoción internacional, e a preservación do patrimonio cultural e natural que envolve estes históricos percorridos.

 

Un dos puntos máis relevantes tratados foi o interese crecente doutros países e rexións do mundo en adoptar o modelo de xestión desenvolto en torno ao Camiño de Santiago. Delegacións de Corea, Arxentina, Xapón, México e Xordania, entre outras, mostraron o seu interese en aprender desta experiencia para aplicala aos seus propios itinerarios culturais ou relixiosos.

 

O evento tamén destacou a importancia dunha estratexia conxunta para a internacionalización, que permita incrementar o atractivo do Camiño nos mercados globais e fortalecer a súa sostibilidade ambiental, social e económica. Esta colaboración transfronteiriza reforza o valor do Camiño de Santiago como patrimonio universal e unha motor clave para o turismo en ambas as rexións.