Por tercer ano consecutivo o Tren de luxo Al Andalus achégase en dous dos seus percorridos a Galicia. No primeiro deles remata este venres na Coruña despois de ter saído de León e pasar por Monforte, Astorga, a Ribeira Sacra, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. A segunda das viaxes que achegará este convoi especial ata Galicia producirase a semana que ven, entre o 20 e o 24 de xullo, co mesmo percorrido, o Itinerario Camiño de Santiago.
Ademais de pasar por estas poboacións, esta viaxe inclúe tamén a visita a adegas na Ribeira Sacra, paseo con catamarán, xornada termal en Ourense, visitas ás cidades e comidas especialmente elaboradas cos mellores produtos gastronómicos galegos e moitas outras comodidades propias dunha viaxe de alta gama.
Non en van o Al Andalus é probablemente o máis amplo e espacioso tres turístico do mundo. No seu interior atopamos a decoración típica dos anos 20 do pasado século que crea un ambiente belle epoque sen renunciar as novidades tecnolóxicas necesarias nun tren actual. Todo elo o convirte nunha das maiores xoias ferroviarias do mundo.