A oferta cultural, activa e natural gaña terreo nas preferencias do viaxeiro estranxeiro que elixe España

A oferta cultural, activa e natural gaña terreo nas preferencias do viaxeiro estranxeiro que elixe España

Segundo un estudo elaborado por Mabrian Technologies xunto con Interface Spain sobre os produtos turísticos que máis interesan aos viaxeiros internacionais, o coñecido produto de sol e praia vai perdendo interese en favor doutro tipo de propostas vinculadas con ofértaa cultura, activa e natural. O informe analiza as motivacións e intencións de viaxe destes viaxeiros a través da análise das mencións espontáneas dos visitantes en redes sociais e conclúe que o turista internacional busca novas experiencias e enriquecemento persoal. En concreto, analizáronse máis de 55 millóns de mencións turísticas, entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2018 e o mesmo período do 2017, referentes a 113 destinos turísticos de toda España, tanto costeiros, como de interior e urbanos.

Na análise dos datos, o turismo cultural é o que xera maior interese entre os usuarios en xeral (28% das mencións turísticas), por encima mesmo do sol e praia (19%). O top 5 de produtos turísticos para 2018 péchano o turismo natural (11%), activo (10%) e gastronómico (9%).

As tendencias que seguen estes intereses en 2018 fronte a 2017, mostran como as motivacións relativas aos produtos sol e praia (-10) e lecer nocturno (-7%) ceden protagonismo a favor de produtos turísticos alternativos como benestar (+14%), natural (+9%) e activo (+6%).

O estudo destaca que o produto wellness é o que experimenta a maior subida de interese relativo por parte dos usuarios en xeral. Aínda que esta motivación non era prioritaria en 2017 (2,89%), gañou terreo este ano, observándose un aumento das mencións turísticas realcionadas coa práctica de ioga, a tranquilidade, ou o estilo de vida slow, constituíndo unha clara oportunidade para os destinos españois.

Obsérvase, ademais, un importante aumento do interese dos italianos polas compras (+22%) e o wellness ou benestar (+11,6%); os británicos experimentan un incremento substancial polo produto familiar (+14%); os alemáns polo wellness (+7,5%) e nos franceses un crecente interese en produtos culturais (+5%).

Desestacionalización e diversificación

Da análise dos datos, o estudo conclúe que este cambio estrutural do turista internacional abre a porta ao desenvolvemento e diversificación dos novos produtos turísticos e á tan ansiada desestacionalización, xa que “permita acceder a nichos de mercado e targets diferenciados, que acheguen máis valor nas súas visitas e incrementan o gasto turístico. Non en balde, estableceuse relacións directas entre os visitantes interesados en produtos como o cultural e activo, e o gasto medio por turista”, sinala o estudo.

En tal sentido, conclúe que iso permitiría a moitos destinos turístcios españois reducir a súa exposición ao mercado intermediado, competir en mellores condicións tras a volta ao mercado turístico internacional de competidores mediterráneos cunha agresiva política de prezos, e repensar a estratexia de prezos para achegar valor engadido máis aló do turismo exclusivamente de sol e praia.