A Consellería de Cultura e Turismo asina convenios cos 11 xeodestinos para o impulso de actividades de promoción turística nun centenar de concellos

A Consellería de Cultura e Turismo asina convenios cos 11 xeodestinos para o impulso de actividades de promoción turística nun centenar de concellos

O compromiso da Xunta suporá un investimento de máis de medio millóns de euros

Co obxectivo de difundir o potencial turístico dos concellos que conforman os xeodestinos galegos, os espazos turísticos delimitados pola Xunta de Galicia, o departamento dirixido por Román Rodríguez asinou un total de 11 convenios cos representantes dos geodestinos de Ancares-Courel, As Mariñas, Condado-Paradanta, Celanova-Baixa Limia, Deza-Tabeirós, Manzaneda-Trevinca, O Ribeiro, Ría de Muros-Noia, Ría de Vigo e Baixo Miño, Terras de Santiago e Verín-Viana.

O obxectivo destes convenios, que suporán un investimento de máis de medio millóns de euros, é o de realizar actividades de promoción en máis dun cento de concellos do catro provincias englobados nos diferentes xeodestinos. Neste sentido Rodríguez destacou o bo ritmo de crecemento do sector e as súas perspectivas para este verán, á vez que destacaba o compromiso da Xunta de seguir colaborando na posta en valor dun turismo tranquilo, responsable e competitivo. Nesta liña, o conselleiro lembrou a importancia do turismo rural, que no que vai de ano medrou un 10% con respecto ás cifras de 2018 sendo a modalidade turística que experimentou un maior crecemento.

Neste sentido, Román Rodríguez destacou que a figura dos xeodestinos é “clave” na promoción dun modelo turístico baseado na especialización e a mellora da competitividade da oferta, na diversificación de fluxos turísticos ou na desestacionalización da demanda, para facer de Galicia un destino atractivo os doce meses do ano.