Visto e prace da Xunta ao Plan de Enogastronomía de Galicia

O proxecto, que inclúe 3 actuacións de cohesión e 11 plans de sustentabilidade turística en destino, será levado á Conferencia Sectorial de Turismo.

 

Supoñería un investimento total de case 32 millóns de euros e o seu obxectivo é promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel.

 

Catorce proxectos diferentes que supoñerían un investimento total de case 32 millóns de euros integran o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia que acaba de recibir o visto e prace do Consello de la Xuntapara a súa presentación na próxima Conferencia Sectorial de Turismo. O proxecto, segundo explican desde o Goberno autonómico pretende potenciar promocionar “Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas” do noso territorio.

 

Tras o Plan do Litoral de Galicia, este é o segundo plan territorial impulsado pola Xunta no marco dos fondos NextGeneration da Unión Europea e estrutúrase ao redor da posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos relacionados coa enogastronomía, a promoción sostible do territorio e a potenciación do territorio enogastronómico galego. E todo iso, cun forte contido de dixitalización e innovación.

 

As actuacións previstas divídense en tres actuacións de cohesión en destino (ACD) e once plans de sustentabilidade turística en destino (PSTD), impulsados estes últimos polas administracións locais. As ACD previstas inclúen a actuación en aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos para permitir a realización de experiencias, a creación de Galicia Gastro Experience como centro de referencia para a mellora da enogastronomía turística, e a posta en marcha dunha rede de mobilidade en vehículos eléctricos nas cinco rutas do viño de Galicia. Estas tres actuacións suman un investimento total de case 15 millóns de euros.

 

Os once plans de sustentabilidade turística en destino son: PSTD Os Fogóns do Anllóns (impulsado polos municipios de Carballo, Coristanco, A Laracha, Ponteceso e Cabana de Bergantiños, e presupuestado en 1.500.000 euros); PSTD Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía (Lugo, 2.000.000 euros), PSTD Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria (O Barco, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco e Carballeda, 1.500.000 euros); PSTD Barbanza-Arousa. Viaxe a través da historia dos sabores (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, 1.500.000 euros); PSTD  O Ribeiro – O Carballiño (A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda e Pontedeva, 1.500.000 euros); PSTD O Condado – A Paradanta Destino Enogastronómico (A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, 1.500.000 euros); PSTD de Vigo (Concello de Vigo, 2.000.000 euros); PSTD do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “Despensa de Galicia” (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui, 1.500.000 euros); PSTD O Carballiño e a gastronomía do Polbo (Concello do Carballiño, 1.000.000 euros); PSTD da Guarda (Concello da Garda, 1.000.000 euros); e PSTD O Grove. A Gastromeca. Construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica (Concello do Grove, 2.000.000 euros).