Valdeorras, destino turístico sostible

  • A Xunta e a asociación GDR Valdeorras asinan un convenio para atraer turismo sostible aos nove concellos da comarca.

 

Este acordo permitirá a posta en marcha do  Plan de Sostibilidade Turística de Destino conta que conta cun orzamento de 1,5M€ para nove concellos: O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín de Valdeorras, Rubía, Larouco e Carballeda de Valdeorras…

 

Esta estratexia, que se desenvolverá ata 2025, incluirá medidas para favorecer a implantación de ferramentas de dixitalización que potencien a ruta do viño da comarca, o turismo industrial ou a súa rede de miradoiros.

 

Todas estas actuacións están contempladas no Plan Territorial de Sostibilidade do Turismo Enogastronómico de Galicia, posto en marcha en 2023 cun investimento de 34,5 M€. Este plan inclúe medidas transversais dirixidas ao sector turístico, como a adaptación de establecementos de produción enoalimentaria, axudas ao embelecemento ou fomento da mobilidade sostible.

 

Son 13 os Plans de Sostibilidade Turística de Destino en marcha, como o de Valdeorras, do que se beneficiarán 80 concellos de Galicia.