Turismo e Inorde asinan un convenio para o impulso dos recursos turísticos ourensáns

Turismo e Inorde asinan un convenio para o impulso dos recursos turísticos ourensáns

Co obxectivo de impulsar o termalismo e as actividade desportivas como fortalezas do destino Ourense, Turismo de Galicia asinou un convenio co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) por un importe de 100.000 euros co que se pretende impulsar os recursos turísticos propios da provincia.

Seguindo coa máxima de apostar por produtos turísticos experienciales que contribúan á desestacionalización da oferta turística galega, a Axencia de Turismo de Galicia e o INORDE impulsan este convenio en base ao cal se desenvolverán actuacións relacionadas co deporche como a promoción do Centro de Adestramento de Remo Laias, Arnoia e Castrelo de Miño nas Olimpíadas de Río 2016, a elaboración dun plan director para esta entidade e a dotación de equipamento para o campo de regatas Arnoia – Laias.

Ademais, investirase en promover e comercializar o termalismo, un dos principais atractivos turísticos da provincia, incluíndo o termalismo deportivo e con actos a nivel internacional. Financiaranse tamén as actuacións do programa “Galicia a todo Tren”, que un ano máis estará en marcha na provincia e no resto da Comunidade. Así mesmo, ampliarase o espazo para exposicións na aula do tren da estación dos Peares e manteranse os centros de interpretación das estacións de Santa Cruz, Os Peares e Baños de Molgas.

Tamén se distribuirá material promocional sobre a oferta turística da provincia e realizaranse outras actuacións, algunhas encamiñadas a pór en valor grandes atractivos turísticos da provincia como a enoloxía ou a gastronomía como, por exemplo, a participación na feira Xantar.