Turismo de Galicia destina 300.000 euros para as Festas de Interese Turístico de Galicia

Turismo de Galicia destina 300.000 euros para as Festas de Interese Turístico de Galicia

Co obxectivo de seguir apostando e promovendo as Festas de Interese Turístico de Galicia, Turismo de Galicia acaba de aprobar unha liña de axudas por un importe de 300.000 euros á que poden optar todos os municipios galegos que organicen algunha destas celebracións durante o 2016.

Unha liña de axuda que se completa co convenio asinado con Abanca co mesmo obxectivo e polo que a entidade financeira comprométese a contribuír ao desenvolvemento das festas de interese turístico mediante a realización dunha achega económica en concepto de colaboración ás entidades públicas ou persoais promotoras das festas.

De estar interesados en beneficiarse deste convenio, as entidades organizadoras deberán indicalo na súa solicitude e a entidade financeira achegaría para a promoción da festa unha cantidade de 1.500 euros, polo que estarían obrigadas a incorporar na súa publicidade o distintivo corporativo de Abanca nun lugar visible e destacado xunto coa imaxe de Turismo de Galicia.

Conceptos subvencionables

A liña de crédito posta en marcha por Turismo de Galicia é compatible con outras axudas co mesmo fin e aprobarase en réxime de concorrencia non competitiva, polo que as solicitudes recibidas no prazo establecido serán atendidas respectando a súa orde de incoación, sen que se produza comparación entre elas, e até o esgotamento do crédito dispoñible.

Consideraranse conceptos sufragables bvencionables aqueles directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, 101 na actualidade, e non poderán ser obxecto de subvención as celebracións, que ademais da declaración de interese turístico autonómico, conten coa declaración de festa de interese nacional ou internacional.

Deste xeito considéranse gastos subvencionables aqueles relacionados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas e outros. No caso das festas gastronómicas poderán ser obxecto da axuda tamén os gastos de adquisición do produto exaltado na celebración.

A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta e o prazo de presentación rematará un mes despois do día seguinte á publicación da resolución no DOG.

Podes consultar e descargas as bases da convocatoria aquí.