Turexpo Galicia 2024 celebrarase do 30 de maio ao 2 de xuño

  • O Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, xunto coa Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, será un ano máis, un espazo de converxencia para o sector do turismo no recinto “Feira Internacional de Galicia Abanca”.
  • Esta sinerxía ofrece unha chamativa proposta tanto para expositores como para visitantes.

A 13ª edición de Turexpo Galicia e a 10ª de Festur presentarán en 2024 un programa de actividades no que se centrarán, especialmente, nas festas de interese turístico e unha destacada Bolsa de Contratación Turística.

 

Co apoio da Axencia de Turismo de Galicia búscase seguir coa excepcional progresión dos últimos anos.

 

A plataforma comercial por excelencia serán os encontros B2B de Turexpo Galicia, a cal xa facilitou exitosos negocios e que no 2023 acolleu 2.200 reunións con preto dunha trintena de turoperadores con presenza en doce países.

 

Os dous obxectivos clave desta edición son: superar as cifras turoperadoras tanto nacionais como internacionais con interese emisor e ofrecer unha vez máis unha gran oportunidade á oferta participante.