A situación do sector galego encádrano nun momento crucial de consolidación pero aínda con marxe de crecemento no que a aposta pola calidade, rendibilidade e innovación, son obxectivos transversais que atravesan todas as accións propostas no plan que se estrutura ao redor de tres grandes retos e 11 liñas estratéxicas:
RETO 1. TERRITORIO
Desenvolver todo o potencial dos recursos de Galicia, que permiten construír un destino único e diferencial, artellado ao redor dunha Marca: Galicia. A sustentabilidade do destino será o fío condutor na construción das liñas estratéxicas que se contemplan:
1. Paisaxe, recursos naturais e sustentabilidade. Co impulso do ecoturismo, a recuperación dos núcleos singulares, o control de carga e redistribución dos fluxos turísticos ou a sostenibilidade das infraestruturas turísticas
2. Valores diferenciais e o seu potenciamento. Impulso do patrimonio, natureza, enogastronomía ou turismo termal como elementos singulares da oferta turística galega.
3. Mobilidade turística. Aposta pola intermodalidade, a coordinación aeroportuaria, reforzo da mobilidade peonil, marítimo e fluvial, turismo accesible, aposta pola Eurorrexión ou maior aproveitamento das conexións ferroviarias.
4. Os camiños de Santiago como dinamizadores do país.
RETO 2. GOBERNACIÓN
Desenvolver unha nova forma de xestión, que incorpore a todos os axentes da cadea de valor e que facilite a sustentabilidade do destino a medio e longo prazo, sen renunciar a criterios de rendibilidade económica e social propios dunha actividade económica como é o turismo.
5. A cooperación na cadea de valor do turismo. Coordinación das oficinas turísticas, fortalecemento da inspección turística e adaptación da normativa á situación do mercado actual, impulso e reordenación dos xeodestinos, vertebración do movemento asociativo e dinaminazación dos municipios turísticos
6. Rendibilidade. Pasa necesariamente por fomentar un turismo de alto valor engadido que nos permita maior diferenciación e mellor comercialización dunha oferta dimensionada e moderna, eficiente e adaptada a las necesidades actuais de sustentabilidade e accesibilidade que demanda un sector de futuro. Fai imprescindible apostar por estratexias de desestacionalización e fidelización. Formación de calidade e profesionalización
7. Formación de calidade e profesionalización. Retención do talento no territorio, maior accesibilidade aos programas de formación e incremento da profesionalización.
8. Sensibilización sobre o turismo como motor de desenvolvemento. Recoñecemento social do peso do turismo, rol dos galegos no exterior.
RETO 3. PROXECCIÓN
Mellorar a captación de turistas e a sua fidelización, así como a diferenciación do destino en base a unha oferta segmentada de calidade. Os procesos de Innovación e a tecnoloxía serán motores de cambio no sector dentro dun mercado cada vez mais competitivo e diverso.
9. Comercialización. Novos modelos de comercialización turística, impulso del receptivo, de oficinas de información turística adaptadas ás novas demandas do turista e de plataformas de comercialización en liña xunto coa elaboración de manuais de produto adaptados a cada mercado estranxeiro e a prospección de novos mercados son aspectos craves para a internacionalización do destino Galicia, sen esquecer a posta en marcha dun programa de fidelización para consolidar os crecementos experimentados.
10. Internacionalización. Creación dunha rede de oficinas turísticas de Galicia nel exterior, coordinación en la promoción e apertura dos mercados turísticos internacionais.
11. Innovación e Tecnoloxía. Mellora da accesibilidade a internet, introdución do TIC, mellora do uso das novas tecnoloxías nas canles de comunicación co turista, big data para coñecer mellor os perfís dos turistas.