Cun máximo importe de axuda de 7000 euros, as axudas poden até o 11 de marzo

A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo que nesta convocatoria amplíanse de maio a setembro, un mes máis que na anterior convocatoria.

O prazo para solicitar esta axuda está aberto até o 11 de marzo e será requisito indispensable que o concello conte coa declaración de municipio turístico galego e, no caso de que solicitase a subvención entidades que representen os xeodestinos, deberá designarse o concello en que realizará o seu traballo o persoal contratado obxecto destas subvencións.

O persoal que se contrate deberá estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas, grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado, ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de promoción turística local e información ao visitante. Ademais, como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como despedido ou demandante dunha mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Orzamento de 450.000 euros
As subvencións obxecto desta convocatoria contarán cun crédito global de 450.000 euros. As actuacións subvencionables poderán conseguir un máximo de axuda de 7.000 euros por entidade beneficiaria, sempre que os gastos subvencionables sexan iguais ou superiores a este importe. No caso de que os gastos non consigan os 7.000 euros, a contía da axuda será, como máximo, o importe dos gastos.

17 de Febreiro de 2020

A Xunta abre o prazo das axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos

Cun máximo importe de axuda de 7000 euros, as axudas poden até o 11 de marzo A Xunta de Galicia abriu o prazo de presentación de […]
12 de Febreiro de 2020

A Xunta avanza na implantación da Q de Calidade Turística no Camiño de Santiago, rutas do viño e espazos públicos singulares

Galicia será pioneira este 2020 co deseño, por primeira vez en España, de criterios de excelencia turística nestes lugares para afondar no modelo de calidade En […]
07 de Febreiro de 2020

Xacobeo en Camiño levará a programación do Ano Santo a toda Galicia a partir de maio

A programación inclúe máis de 1000 de actividades familiares e infantís no ámbito da música, artes escénicas, cultura tradicional e de base, enogastronomía, exposicións e obradoiros […]
31 de Xaneiro de 2020

En avión e en autobús, a promoción do Xacobeo 2021 vai sobre rodas

Alsa difundirá a imaxe do Ano Santo nos seus autocares e ofrecerá aos peregrinos un desconto do 15% nos billetes de volta A Xunta tamén asinou […]