Consellería de Medio Ambiente, de Cultura e Turismo e Amtega como desarrolladora da plataforma, presentaron á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) as ferramentas Praias Seguras, coa que a Xunta de Galicia ofreceu a súa colaboración aos concellos na xestión do aforamento das praias este verán, un aforamento que estará restringuido polo Ministerio de Saúde como consecuencia da pandemia da Covid 19. Con todo, as dificultades para levar a cabo este control e a falta de recursos económicos e humanos foron algunhas das cuestións que a FEGAMP puxo sobre a mesa para rexeitar a proposta da Xunta
A idea da Xunta era empregar os datos fornecidos polo Catálogo de Praias de Galicia, que permite obter datos sobre a superficie exacta de cada areal e outra información valiosa para poder determinar a súa capacidade de carga en función dos criterios fixados por parte do Goberno do Estado. Estes datos envórcanse nunha plataforma que permitiría determinar a ocupación dos areais galegos e, por tanto, facilitar información aos usuarios que queiran facer uso del sobre a súa ocupación.
O uso ou non desta plataforma, que facilitaría un código QR aos cidadáns para o acceso á praia, era de carácter voluntario e flexible pero finalmente o concello, que son os encargados da xestión das praias, rexeitaron a proposta polo que cada cal decidirá implementar diferentes alternativas. A idea que trasladaba a Xunta é a de traballar con previsión e adiantarse ás posibles necesidades que poidan xurdir na xestión da ocupación dos areais, buscando trasladar a imaxe de Galicia como destino seguro, no marco do plan de reactivación fixado para o sector turístico.
Cabe precisar, finalmente, que a Comunidade conta con 960 areais rexistrados e máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie, concentrando a provincia da Coruña 454 praias, 414 Pontevedra e 92 Lugo. En canto ao aforamento máximo das praias galegas, está calculado nun total de 939.520 persoas, un dato interesante se se analiza praia por praia posto que pode axudar a calcular un determinado grao de ocupación.