A primeira xornada da 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2016 acolleu no espacio de Galicia do pavillón 9 un total de 16 presentacións nas que se sucederon tanto destinos como produtos turísticos. Así foi o caso da Costa da Morte, Santiago ou A Coruña, que combinaron as presentacións de destino con produtos turísticos como os destinos Starlight de turismo astronómico ou a nova aplicación de realidade aumentada de Turismo de Galicia que xunto co Camiño dos Faros, a Ruta da Lamprea, Xantar, E para Comer Lugo, e o Camiño de Santiago foron os produtos turísticos de Galicia que ocuparon boa parte desta primeira xornada de Fitur na que tamén se presentaron celebracións como a Feira do Xamón de A Cañiza ou o Festival Celta de Ortigueira. Así mesmo, o espazo galego acolleu un gran número de encontros de traballo que se desenvolveron nas mesas que xestionou o Clúster Turismo de Galicia así como visitas de numerosas autoridades como o Embaixador de Estados Unidos, James Costos, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, o Ministro de Industria, José Manuel Soria ou a secretaria de estado de Turismo, Isabel Borrego, entre outros

Pero sen dúbida un dos puntos fortes foi a presentación das etapas de La Vuelta Ciclista a España que trascorren por terras galegas, sete en total, cinco delas de xeito íntegro, e que sen dúbida poñerán o foto de atención no noso territorio para os afeccionados ao deporte do pedal.

Saída en Ourense Termal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,destacou especialmente a repercusión que terá para Galicia a 71 edición de La Vuelta ciclista a España na cal a nosa comunidade ocupará un lugar destacado sendo o punto de partida deste gran acontecemento deportivo e albergando as súas sete primeiras etapas.

Nava Castro recordou que La Vuelta sairá dende o Balneario de Laias, en Cenlle, mostrando as imaxes de ‘Ourense, provincia termal’ a todas partes do mundo. Así mesmo, sinalou que as sete etapas que percorrerán as catro provincias galegas descubrirán todo o esplendor da natureza galega e as súas espectaculares paisaxes.

Realidade aumentada a través do móbil
Outro dos puntos fortes desta primeira xornada foi a presentación da nova aplicación móbil de realidade aumentada ‘Turismo de Galicia’, unha ferramenta de axuda tanto para o turista potencial que queira coñecer Galicia como para o viaxeiro que estea xa a visitar a nosa comunidade.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que esta aplicación constitúe unha mostra máis da aposta de Turismo de Galicia pola innovación e o emprego das novas tecnoloxías a cal valorou como “fundamental para facer avanzar o sector turístico galego e para incrementar a nosa cota de competitividade nos mercados internacionais”.

21 de Xaneiro de 2016

La Vuelta Ciclista, a gastronomía, o turismo astronómico ou a realidade aumentada, protagonistas da primeira xornada de Galicia en Fitur

A primeira xornada da 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2016 acolleu no espacio de Galicia do pavillón 9 un total de […]
16 de Setembro de 2015

A primeira etapa de La Vuelta 2016 sairá dun balneario de Ourense

A vindeira edición de La Vuelta Ciclista a España sairá de novo de Galicia, en concreto desde un balneario ourensán aínda por concretar. Neste primeira etapa, […]
24 de Xuño de 2015

La Xunta cede a Paradores el Castillo de Monterrei

La Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, ha firmado un acuerdo de cesión gratuita por un período de 75 años del Castillo de […]
04 de Maio de 2015

Una veintena de expertos del sector termal se dan cita en Expourense para avanzar en el programa de Termatalia 2015

Entre las acciones profesionales anunciadas se incluye la celebración del I Congreso Internacional sobre el Agua Expourense acogió hace escasos días la reunión del Comité asesor […]