Chamamento á acción para mitigar o impacto socioeconómico da COVID-19 e acelerar a recuperación

A Organización Mundial do Turismo (OMT) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e outras entidades de carácter internacional vinculadas ao turismo elaboraron un documento co que queren facer un chamamento á acción dos cidadáns a nivel mundial para contribuír á mitigación que o impacto do COVID 19 vai ter sobre a economía mundial e, especialmente, sobre o turismo. Neste sentido o documento destaca que a prioridade agora é a saúde e a contención da pandemia, destacando as iniciativas solidarias do sector para contribuír a paliar a pandemia. Pero máis aló da continxencia médica, o documento destaca o feito de que axexa unha recesión mundial, coa perda de millóns de postos de traballo, e que se afectará especialmente ao sector das viaxes e o turismo.

Por iso é este sector ameazada o que necesita dun apoio urxente e paquetes de mitigación específicos para soster o emprego e garantir a capacidade do mercado no ronsel inmediato da emerxencia. O informe destaca que esta vulnerabilidade do sector turístico tamén o sitúa nunha posición única para contribuír aos plans e medidas de recuperación de maior amplitude que deban adoptarse.

“En todo o mundo, o turismo brinda oportunidades de desenvolvemento e promove a solidariedade e a comprensión a través das fronteiras, mentres que o turismo interno axuda tamén a fomentar a cohesión dentro das nacións. Ademais, o sector desempeña un papel fundamental na mobilización de esforzos para preservar e promover o patrimonio natural e cultural e, desde hai moito tempo, estivo á vangarda da protección do medio ambiente”, destaca. É por iso que o informe fai un chamamento non só a apoiar o sector se non a reflexionar sobre a súa reorganización co fin de crecer novamente e crecer dunha forma que sexa mellor para o planeta e para as persoas, na liña do turismo sustentable marcado polos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) expostos na Axenda 2030.

“Se se xestiona de maneira responsable, o turismo pode saír da crise actual como un sector capaz de achegar aínda máis aos ODS, brindando un medio de vida e creando oportunidades para millóns de persoas en todo o mundo, sen deixar a ninguén atrás”. Para iso a OMS inclúe unha serie de recomendacións para mitigar o impacto da crise, garantir a recuperación do turismo e permitir que o sector axude a impulsar a recuperación da sociedade.

Descarga o informe completo

24 de Abril de 2020

A OMT lanza unha mensaxe de apoio ao emprego e á economía a través das viaxes e o turismo

Chamamento á acción para mitigar o impacto socioeconómico da COVID-19 e acelerar a recuperación A Organización Mundial do Turismo (OMT) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde […]