desescalada

De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha mobilidade que segue baixo a competencia do Goberno

A piques de alcanzar a fase 3, Galicia entra nunha fase decisiva no proceso de desescalada cara á nova normalidade. Nesta etapa serán as administracións rexionais as encargadas de xestionar o camiño cara á ‘nova normalidade’, fóra da mobilidade desprazamentos entre provincias, aínda que non entre comunidades autónomas, que non se autorizarían até a conclusión da desescalada, segundo referendou o decreto aprobado o pasado martes polo Consello de Ministros. Aínda así, as autonomías terán unha importante marxe de decisión, tendo en conta que entre as competencias adquiridas na fase 3 inclúese a capacidade de decidir a súa duración.

Sanidade terá que valorar antes deste venres a documentación técnica remitida polas autoridades sanitarias de cada rexión polo que teremos que esperar até o fin de semana para saber se Galicia avanza no seu conxunto á fase 3. Durante esta fase manterase a recomendación de uso de máscara e distanciamento social de dous metros para evitar contagios.

En canto ás actividades e aforamentos que poderán desenvolverse durante esta fase, que podes descargar aquí,  cabe destacar os seguintes:

ACTOS SOCIAIS

  • Os velorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados, con independencia de que os mesmos sexan convi ientes. A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 50 persoas e sempre
    respectando as medidas de distanciamento e hixiene.
  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75% do aforamento. Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos
    ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. O aforamento máximo debe publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.
  • As cerimonias nupciais poderán realizarse en todo tipo de instalacións xa sexa en espazos ao aire libre ou pechados, sempre que non se supere o 75% do seu aforamento, e en todo caso un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en lugares pechados.

RESTAURACIÓN
Poderán reabrir ao público os establecementos de hostalaría e restauración para consumo no local, salvo discotecas e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere o 50% do seu aforamento.

  • O consumo dentro do local poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, preferentemente mediante reserva previa. Deberá asegurarse o mantemento da debida distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin, deberán ser acordes ao número de persoas, permitindo que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal.
  • Estará permitido o consumo na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.
    Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforamento ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.
  • Eliminaranse produtos de autoservicio como servilleteros, palilleros, vinagreras, aceiteras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desechables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

HOTEIS
Poderá procederse á reapertura ao público das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos sempre que non se supere o 50% do aforamento.

  • Aqueles espazos pechados onde se vaian a celebrar eventos, actividades de animación ou ximnasios, deberán ventilarse dúas horas antes do seu uso.
  • As actividades de animación ou clases grupales deberán deseñarse e planificarse cun aforamento máximo de 20 persoas e de forma preferente ao aire libre.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS
Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos de até un máximo de 30 persoas.

  • Permítese a realización da actividade de guía turístico concertándose preferentemente, mediante cita previa e os grupos serán dun máximo de 20 persoas. Durante o desenvolvemento da actividade evitarase o tránsito por zonas ou lugares susceptibles de xerar aglomeracións.
  • Durante o desenvolvemento da actividade non se poderán fornecer audioguías, folletos ou outro material análogo.
  • Centros recreativos turísticos, zoológicos e acuarios
    Limitarase o aforamento total ao 50% e a un terzo o aforamento nas atraccións e lugares pechados.
    Realizarán, polo menos dúas veces ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como atraccións, máquinas
    de entretemento, pomos de portas, mostradores, pasamanos, máquinas dispensadoras, chans,
    teléfonos, billas, e outros elementos similares.

CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO, CONFERENCIAS E EVENTOS

Non se poderá superar a cifra de 80 asistentes.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE XOGOS E APOSTAS

Non se deberá superar o 50% do aforamento autorizado e non deberá haber, en ningún caso, no interior do local ou establecemento máis de 50 persoas en total, incluíndo aos traballadores do local ou establecemento.

  • Entre un cliente e outro se deberá proceder á limpeza e desinfección de calquera tipo de máquina ou dispositivo a través do que se ofrecen actividades de xogo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outra superficie de contacto.
  • Estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a higienización, cada dúas horas, das fichas de casino, cartas ou calquera outro elemento de xogo que se intercambie entre xogadores.
  • Realizaranse tarefas de ventilación periódica nas instalacións, como mínimo dúas veces ao día.
  • Deberá evitarse o uso de calquera material de uso común entre clientes, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, lousas, carteis ou outros medios similares.
05 de Xuño de 2020

Galicia en fase 3: a xestión da desescalada pasa ás comunidades autónomas

De avanzar a esta nova fase a partir do 8 de xuño, os galegos poderían comezar a mobilidade interprovincial, aínda que non entre comunidades autónomas, unha […]
19 de Maio de 2020

Andalucía, Galicia e Comunidade Valenciana, entre os destinos máis desexados na “nova normalidade”

Na situación actual de incerteza segue habendo unha importante porcentaxe de persoas que segue anhelando viaxar cando chegue a nova normalidade. Nestes días sucédense as enquisas […]
18 de Maio de 2020

Como será Galicia en Fase 2?

Incremento de aforamentos, permiso para o baño e apertura de piscinas e zonas comúns en hoteis ou do servizo no interior de restaurantes, entre os cambios […]
15 de Maio de 2020

Pautas concretas para a reapertura do sector hoteleiro

O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), da man da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) elaborou unha listaxe das principais pautas que os establecementos de […]