Consellería de Cultura y Turismo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro cos representantes dos xeodestinos galegos aos que manifestou o seu compromiso para traballar conxuntamente con eles na tarefa de completar o desenvolvemento turístico de Galicia. Os xeodestinos son as diferentes áreas ou comarcas turísticas nas que a Lei de Turismo organiza o fomento, planificación e promoción de Galicia como destino turistico tendo en conta os seus recursos e as súas singularidades.

Neste encontro Rodríguez manifestou o seu obxectivo de incentivar a profesionalización da súa xestión e as boas prácticas nestes territorios e destacou que se pechará este ano cun investimento de preto de 1,8 millóns de euros en convenios con xeodestinos que implican xa investimentos para o próximo exercicio. Neste sentido, destacou a aposta do seu departamento polos xeodestinos con cinco obxectivos: profundar na especialización da oferta, pondo en valor aqueles recursos e atractivos máis destacables do catro provincias; promover a diversificación de fluxos, ampliando os circuítos dos visitantes e propiciando a súa redistribución desde os espazos imán; incentivar a desestacionalización da demanda ao longo de todo o ano; traballar pola competitividade, cunha actividade máis sustentable, e profesionalizar a xestión, con equipos de profesionais permanentes e estables e a posta en marcha de boas prácticas.

Implantación e necesidades
O encontro, no que tamén participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de Competitividade, José Luís Mestre, permitiu tamén avanzar na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta consensuada co sector que aposta pola excelencia e a autenticidade. A través deste documento, diagnostícase o grao de desenvolvemento dos xeodestinos e a súa implantación e analízanse as necesidades específicas de cada un.

O conselleiro transmitiu a importancia de entender o mapa dos xeodestinos “como un quebracabezas onde cada peza conta”, polo que o progreso turístico de Galicia non pode ser completo sen a cooperación de todos eles. Para iso, resulta fundamental a implicación dos concellos a través da creación de figuras directivas encargadas da xestión diaria e a concienciación de que o turismo é unha actividade económica clave da que deben corresponsabilizarse.

20 de Novembro de 2018

O Conselleiro de Cultura e Turismo comprométese co desenvolvemento dos geodestinos dentro da Estratexia Turismo de Galicia 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro cos representantes dos xeodestinos galegos aos que manifestou o seu compromiso para traballar conxuntamente con […]