Ata o próximo 18 de abril, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolle unha serie de sesións formativas dentro do programa “Do mar ao prato”, que organiza a Consellería do Mar. As sesións, de carácter aberto e gratuíto, inclúen unhas xornadas técnicas impartidas por persoal da Consellería e unha serie de showcookings a cargo de diferentes cociñeiros galegos como Héctor López, Flavio Morganti, Taky, Juan Crujeiras ou Emma Pinal e que están dirixidas a aqueles profesionais da cociña que queiran incrementar a súa formación sobre os produtos do mar da nosa Comunidade.

Crustáceos, conservas, moluscos, compra de produtos… as sesións inclúen sempre formación técnica e práctica da man destes profesionais dos fogóns. Tras as primeiras sesións, que se celebraron en febreiro e marzo, Do Mar ao Prato conclúe en abril con tres sesións, baixo os títulos “Os descoñecidos da ría”, “Do mar á mesa de forma saudable” e “A cociña saudable”.

Inscríbete aquí

23 de Marzo de 2017

En abril conclúen no CSHG as sesións formativas do programa Do mar ao prato

Ata o próximo 18 de abril, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolle unha serie de sesións formativas dentro do programa “Do mar ao […]
07 de Febreiro de 2017

A gastrotaberna canalla e viaxeira Pracer de Coruña gaña o II Premio Incitus

Moncho Bargo á fronte de Pracer, un proxecto que el mesmo define como unha barra de cociña canalla e viaxeira, foi considerado polo xurado co mellor […]