Até o próximo 10 de setembro está aberto o prazo para participar na convocatoria deste ano para optar ás bolsas de prácticas nas oficinas de turismo de Galicia de Europa, América e China. A convocatoria, para titulados no últimos catro anos, desenvolveranse durante dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia en Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Los Ángeles) e China (Cantón)

A convocatoria profunda en dúas dos obxectivos marcados na Estratexia do turismo de Galicia 2020: a busca da excelencia na atención aos viaxeiros da man dunha formación de calidade dos profesionais e a internacionalización do destino

Trátase de oito bolsas de formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro dirixidas a persoas tituladas no últimos catro anos que acrediten o coñecemento da lingua oficial do país. Os interesados teñen de prazo para presentar as súas solicitudes, preferiblemente por vía electrónica, até o 10 de setembro e poden consultar os detalles da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O oito bolsas, dotadas cun orzamento de máis de 200.000 euros por parte da Xunta, prevén unha estadía formativa de até dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia. En concreto, os seleccionados realizarán prácticas en oficinas de turismo de Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Los Ángeles) e China (Cantón).

O obxectivo é fomentar o perfeccionamento profesional dos bolseiros mediante a realización de prácticas suxeitas ao plan de formación que se lles entregará ao comezo do período.

Ademais de acreditar o coñecemento da lingua galega, deberán certificar a lingua oficial do país en Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, Milán e São Paulo. No caso de Bruxelas, francés ou inglés, mentres que para a bolsa de Cantón deberase acreditar manexo de chinés ou inglés. Os aspirantes serán avaliados polo seu curriculum e os resultados da realización dun test de coñecementos turísticos, un caso práctico, proba de idiomas e entrevista persoal.

30 de Agosto de 2018

Convocatoria aberta para optar ás bolsas de práctica da Xunta en oficinas de turismo en oito países

Até o próximo 10 de setembro está aberto o prazo para participar na convocatoria deste ano para optar ás bolsas de prácticas nas oficinas de turismo […]
14 de Febreiro de 2018

Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para os anos 2018 e 2019

Co obxectivo de fomentar o perfeccionamento profesional dos futuros profesionais turísticos mediante a realización de prácticas formativas en diversas áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia, […]
03 de Marzo de 2015

Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para favorecer a profesionalización dos titulados

Sete das bolsas de formación están destinadas á promoción e información turística mentres que as outras dúas están dirixidas á área de Estudos de Investigación para […]