As convocatorias, dotadas con 1,5 e 1,2 millóns de euros respectivamente, teñen aberta a súas convocatorias até fin de ano

A Xunta de Galicia lanzou dúas novas convocatorias de axudas que permitirán seguir mellorando o sector turístico galego a través da mellora dos establecementos de aloxamento e de restauración e da mellora de infraestructuras turísticas. Así, a primeira destas liñas de axuda está orientada a financiar con 1,5 millóns de euros actuacións de mellora nos establecementos turísticos de aloxamento e, como novidade este ano, tamén nos establecementos de restauración de Galicia que se repartirán o montante do orzamento ao 50%: 750.000 euros destinados a establecementos de aloxamento (hoteis, pensións, cámpings, establecementos de turismo rural ou albergues, entre outros…) e outros 750.000 a establecementos de restauración.

Entre as actuacións que se poden solicitar dentro desta liña de axudas está a de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións co fin de obter certificacións de calidade, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización. Con esta subvención, cuxo prazo de solicitude finaliza o 30 de decembro, dáse continuidade ao traballo que vén facendo nos últimos anos apoiando a modernización e actualización do sector e que contribuíu a financiar máis de 70 actuacións de mellora en establecementos de aloxamento por importe de 1,2 millóns de euros que permitiron mobilizar máis de 4 millóns.

Sinalización, acceso e creación de novos recursos turísticos
A segunda das liñas públicas de axudas diríxese aos concellos e entidades locais que poderán optar, en concorrencia competitiva a axudas para fomentar a recuperación, accesibilidade e sinalización dos recursos no medio rural para impulsar a diversificación da actividade turística por todo o territorio a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística. Cun investimento inicial de 1,2 millóns de euros, trátase da mesma liña posta en marcha este ano pola que máis de 120 concellos foron beneficiarios deste impulso económico.

Impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, está dirixida a concellos, mancomunidades e consorcios locais con competencias en materia de turismo, así como agrupacións de concellos. As axudas sufragarán actuacións de embelecemento dos accesos incluíndo a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, iluminación ornamental dos recursos turísticos, xa sexa primeira instalación ou mellora, ampliación ou substitución da existente así como accións que opten pola recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, carreiros, rutas ou outros elementos de interese turístico ou actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado. Estas últimas poderán consistir en embelecemento de vías, ocultamento de colectores de residuos ou eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións.

Accesibilidade e recursos etnográficos
No caso das actuacións de posta en valor turístico dos recursos poderase incluír accións de recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, entre outras. No campo da mellora da accesibilidade dos recursos turísticos sufragarase a eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turísticas así como accións destinadas a facilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade sensorial á información turística dos recursos.

Finalmente, a sinalización dos recursos turísticos poderá comprender tanto a primeira instalación como a substitución da existente nos camiños e nas estradas das redes locais, provinciais e autonómica así como nos centros urbanos cando esta atópese deteriorada ou obsoleta nolos seus contidos e/ou imaxe.

Con esta liña de axudas, a Xunta contribúe a impulsar o desenvolvemento socioeconómico do rural galego a través da actividade turística. Na convocatoria deste ano foron máis de 120 os concellos beneficiarios cun impacto territorial equilibrado e repartido no catro provincias.

02 de Decembro de 2019

A Xunta de Galicia abre dúas novas liñas de axudas para modernizar establecementos de aloxamento e de restauración e para mellora de infraestruturas turísticas

As convocatorias, dotadas con 1,5 e 1,2 millóns de euros respectivamente, teñen aberta a súas convocatorias até fin de ano A Xunta de Galicia lanzou dúas […]
26 de Novembro de 2019

A Xunta subvenciona con 1,2 millóns de euros melloras en preto de 70 establecementos de aloxamento turístico

Un total de 66 establecementos turísticos galegos beneficiaranse das subvencións da Xunta de Galicia para actuacións de mellora das infraestruturas en establecementos turísticos de aloxamento, incluídas […]
13 de Novembro de 2019

200 entidades solicitaron a liña de axudas da Xunta para a organización de congresos con motivo do Xacobeo 21

A convocatoria está dotada con 500.000 euros e ten como obxectivo potenciar a actividade congresual en Galicia pola súa capacidade desestacionalizadora e de alto valor engadido […]
19 de Setembro de 2019

A Xunta lanza unha nova liña de axudas de 500.000 euros para impulsar o turismo de congresos

No marco do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, a Xunta acaba de aprobar unha nova liña de subvencións dirixida as entidades organizadoras de congresos, seminarios ou […]