Reapertura das oficinas de turismo dependentes da Xunta de Galicia

A Xunta reabriu 9 das 11 oficinas de turismo vinculadas directamente á súa xestión e situadas nas principais cidades galegas. Entre as novidades desta reapertura cóntase a dotación nas oficinas das medidas necesarias para garantir o distanciamento social, fomentando o uso de máscaras e xeles hidroalcohólicos por parte dos usuarios, ademais da consulta en liña dos recursos turísticos.

Así, nas oficinas de turismo pos COVID elimináronse a dispensación de folletos e información en papel, impulsando o uso de canles dixitais para facilitar a información aos usuarios, facilitando materiais e documentos en formato electrónico a través de formatos como os códigos QR. Ademais, os visitantes deberán permanecer na oficina o tempo estritamente necesario para recibir a atención precisa e non se poderán empregar dispositivos como pantallas táctiles ou outros equipamentos de uso compartido a non ser que se asegure a dispoñibilidade de medios para o seu uso seguro.

Dentro das instalacións será obrigatorio o uso de máscaras cando non se poida garantir a distancia de seguridade entre os traballadores e os usuarios. Ademais, naqueles casos nos que non resulta posible manter esta distancia na atención ao público instaláronse elementos de protección ou barreiras como pantallas de metacrilato. Precisamente, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou unha deste nove instalacións, a situada en Vigo, na rúa Cánovas del Castelo, no marco da firma do convenio de colaboración coa Federación de Hostalaría de Pontevedra, no marco do programa Galicia, destino seguro, nun acto que contou tamén coa presenza do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

Ademais deste establecemento, abriron as súas portas as oficinas situadas na Coruña (rúa Celedonio de Uribe 2), Ferrol (Praza Camilo José Cela s/n), Lugo (rúa Miño 12), Ourense (cale Concello 4), Pontevedra (cale Marqués de Riestra 30), e Santiago de Compostela (Praza Mazarelos 15). As instaladas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino (cale Carretas 33) e no aeroporto da Lavacolla retomarán a súa actividade o próximo 1 de xullo.

Formación e información adaptada
As oficinas de turismo contan cun manual específico elaborado pola Xunta de Galicia que condensa os requirimentos e recomendacións formulados polo Goberno central e recomendacións adaptadas ás oficinas de turismo da nosa Comunidade. Ademais, dentro do programa formativo de Galicia, destino Seguro, o goberno galego ha impulsado unha sesión formativa específica para as oficinas de turismo.