Padrón, recoñecido como Pobo Máxico de Galicia

  • O municipio obtivo o 49,2% do apoio, sumando 6.300 votos

 

Padrón foi distinguido como Pobo Máxico de Galicia, un recoñecemento que reforza o seu posicionamento como destino cultural e patrimonial de referencia. O municipio logrou un amplo respaldo cidadán no proceso de votación, situándose como o concello máis apoiado a nivel autonómico e concentrando preto da metade dos votos emitidos en Galicia.

 

Este recoñecemento forma parte da iniciativa impulsada pola Rede de Pobos Máxicos de España e o Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), que pon en valor aos municipios comprometidos coa protección do patrimonio, a promoción da cultura local e o desenvolvemento sostible do territorio.

 

Desde o Concello de Padrón subliñouse o papel clave da implicación social na consecución deste logro. Veciñanza, asociacións, centros educativos, colectivos profesionais e persoas de distintos puntos de Galicia participaron activamente no impulso da candidatura, así como entidades colaboradoras que mostraron o seu apoio durante todo o proceso.

 

  • Padrón pertence á Rede de Pobos Máxicos de España desde 2024

 

Este novo recoñecemento consolida a presenza de Padrón dentro da Rede de Pobos Máxicos, á que o municipio pertence desde a súa incorporación como primeiro concello da provincia da Coruña en formar parte deste distintivo turístico e cultural. Para o Concello, o título supón unha ferramenta estratéxica para continuar avanzando na promoción do patrimonio histórico, a cultura e un modelo de turismo respectuoso coa contorna.