A 19ª edición do Outono Gastronómico desenvolverase ata finais deste ano e vén marcada por unha mensaxe especial de apoio aos establecementos situados nos concellos que sufriron os incendios.
O programa, promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa rede de casas rurais, ofrece diversas opcións: desde menús gastronómicos sen aloxamento ata paquetes dunha ou dúas noites, incluíndo fins de semana.
Ademais, 26 dos 78 establecementos ofrecen actividades complementarias no marco do paquete Outono Plus, con opcións como paseos a cabalo, sendeirismo, kaiak ou visitas a adegas.
Os 78 establecementos participantes distribúense entre as catro provincias do seguinte xeito: 21 na Coruña, 22 en Lugo, 16 en Ourense e 19 en Pontevedra.
En edicións anteriores, o Festival de Outono Gastronómico recadou máis de 6,6 millóns de euros no sector, atraendo a máis de 100.000 participantes.
A guía do programa está dispoñible en formato impreso e dixital en www.turismo.gal, onde os interesados poden atopar a gama completa de menús, paquetes e actividades para gozar de Galicia no outono.