Outono gastronómico

  • As casas de Turismo Rural de Galicia celebran, desde o 15 de setembro ata o 17 de decembro de 2023, a decimoséptima edición do Outono Gastronómico, unha experiencia patrocinada por Turismo de Galicia na que as casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos preparados en exclusiva para esta ocasión.

Pódese gozar do programa a través de diferentes experiencias: ademais do “Menú Outono” pódese adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” no que se pernocta durante unha noite na casa de turismo rural que se escolla. Existe tamén a posibilidade de gozar da oferta completa grazas ao paquete “Fin de Semana Outono Gastronómico”.

 

Por outro lado, se a idea e gozar coa familia, pódese adquirir o “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”.

 

A opción máis completa sería a de “Outono Plus”, aquela na que os establecementos ofrecen a maiores actividades complementarias como visitas culturais, descensos, sendeirismo ou rutas a cabalo.

 

O obxectivo deste programa é impulsar o turismo rural tras a finalización do verán e intentar mantelo á alza. Ademais, este ano incrementa o número de aloxamentos rurais adheridos. En total 79, dos cales 16 están na provincia de Pontevedra, 24 na de A Coruña, 22 na de Lugo e 17 en Ourense.