O Igape licita axudas de diversa índole para os establecementos turísticos

O Igape licita axudas de diversa índole para os establecementos turísticos

O IGAPE ven de por en marcha diferentes liñas de subvención para establecementos turísticos que se poden agrupar en tres categorías fundamentales: aquelas dirixidas a proxectos de investimento en equipos produtivos; outras para proxectos xeradores de emprego e unha liña de accións de promoción exterior das empresas galegas. No primeiro caso, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos. Neste caso, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Turismo respecto da catalogación da actividade coma turismo activo.

No caso da liña de subvencións para proxectos xeradores de emprego, a liña está orientada a proxectos dirixidos a investimentos en obra civil e maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto mentres que no caso da liña de actuacións de promoción exterior serán subvencionables actuacións de difusión, promoción e prospección de novos mercados.

Tendes toda a información, así como enlace para a consulta das bases das axudas licitadas, no pdf que podedes descargar aquí.