O 11 de xullo A Xunta e o Cluster presentarán “Galicia Destino Sostible”

O 11 de xullo A Xunta e o Cluster presentarán “Galicia Destino Sostible”

Trátase dunha produto para promocionar Galicia como destino sostible desde o punto de vista social, económico y medioambiental.

 

En 2019, un 87% declararon que queren viaxar de forma ecolóxica e case 4 de cada 10 confirmaron que a miúdo ou sempre logran facelo.

 

O Cluster de Turismo de Galicia, en colaboración coa Xunta,  presentará a iniciativa “Galicia Destino Sostible”, encadrada dentro das liñas estratéxicas Galicia Destino Seguro 21-23. Trátase dunha produto para promocionar Galicia como destino sostible desde o punto de vista social, económico y medioambiental.

 

Planteado como un hub que integre toda a oferta turística sostible de Galicia e conecte a turistas con empresas, facilitando o acceso a cualquera tipo de actividade turística que contribúa ao cumprimiento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.

 

A preocupación dos viaxeiros por coidar o medio ambiente aumentou nos últimos anos dunha maneira considerable. Así en 2019, un 87% declararon que queren viaxar de forma ecolóxica e case 4 de cada 10 confirmaron que a miúdo ou sempre logran facelo. Neste senso, Galicia pode aportar moito grazas aos seus espazos naturais e ás iniciativas empresariais que xorden ou se encamiñan nesta liña de negocio.

 

Así Galicia Destino Sostible é unha estratexia turística máis que necesaria na nosa comunidade autónoma.

 

A presentación tera lugar no Restaurante Culler de Pau, e será retransmitido en streaming para todo o mundo.