Co obxectivo de manter e profundar o contacto coas principais empresas organizadoras de viaxes turísticas de Nova Zelandia e Australia, Turismo de Galicia levou a cabo presentacións da oferta turística galega nas cidades de Aucklan, Melbourne e Sidney. Así mesmo, os operadores turísticos da cidade de Melbourne e os de Sidney achegáronse á oferta turística turística galega nas presentacións que organizou Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Singapura.
Nestas presentacións, nas que participaron máis dun centenar de operadores locais, Turismo de Galicia fixo fincapé na difusión dos produtos turísticos relacionados coa natureza e a cultura, así como a gastronomía e os servizos hostaleiros da comunidade galega, sen esquecer o Camiño de Santiago, que segue sendo polo de atracción ao noso territorio. Non en balde en 2016, chegaron a Compostela 5.219 peregrinos australianos e neozelandeses, o que representou un incremento do 14,7% en relación ao 2015.
Mercado emerxente
Australia e Nova Zelandia constitúen un dos mercados emerxentes máis interesantes para a Comunidade galega, tendo en conta o incremento de viaxeiros que se rexistra e que en toda España xa superan os 200.000 anuais.