Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe aínda poden adherirse ao bono turístico da Xunta ata o 2 de decembro de 2024

Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe aínda poden adherirse ao bono turístico da Xunta ata o 2 de decembro de 2024

  • Polo momento xa hai ata máis de 450 establecementos adheridos.
  • Os usuarios beneficiarios poderán empregar o seu bono ata o 25 de decembro de 2024.

Con este, xa van 4 anos do bono turístico #DescubreGaliciaenOutono da Xunta de Galicia. Unha iniciativa que impulsa o turismo dentro da nosa comunidade, que inxecta liquidez ás empresas do tecido turístico galego e que contribúe a impulsar a actividade en tempada baixa e media.

 

Polo momento, a iniciativa conta xa con máis de 450 establecementos galegos adheridos, entre os que se atopan axencias de viaxes, hoteis, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues consistentes nunha estancia mínima dunha noite. As empresas turísticas que aínda non se uniron, poden facelo ata o 2 de decembro de 2024 a través da páxina bonoturismo.gal.

 

Os 16.666 bonos que estaban dispoñibles para esta cuarta edición esgotáronse en 15 días. As persoas beneficiarias poderán utilizar os seus bonos ata o 25 de decembro de 2024 en calquera dos establecementos adheridos, que se poden consultar a través da seguinte páxina.

 

O programa #DescubreGaliciaenOutono, impulsado pola Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia, supón unha inxección importante para o sector e para a economía das zonas onde están inscritos os negocios. Se aínda non sumaches o teu, é unha grande oportunidade para sumar novas reservas nesta tempada.