Os bonos turísticos #DescubreGaliciaEnOutono xa poden utilizarse e o prazo de adhesión para empresas segue aberto

Os bonos turísticos #DescubreGaliciaEnOutono xa poden utilizarse e o prazo de adhesión para empresas segue aberto

  • O prazo do goce esténdese ata o 25 de decembro

 

Os máis de 16.000 bonos turísticos da edición 2025 do programa #DescubreGaliciaEnOutono xa están en funcionamento e poderán gozarse ata o 25 de decembro. Esta iniciativa da Xunta de Galicia ten como obxectivo dinamizar a actividade do sector durante os meses de menor afluencia, impulsando as escapadas de proximidade e fomentando a desestacionalización do turismo.

 

Grazas ao cofinanciamento do 40 %, cada bono adquirido por 90 euros permite consumir servizos turísticos por un valor de 150 euros nos establecementos adheridos, mobilizando deste xeito millóns de euros no sector.

 

  • Aloxamentos turísticos e axencias poden sumarse ata o 1 de decembro

 

Aínda que os bonos dispoñibles esgotáronse en apenas 72 horas tralo seu lanzamento, o programa continúa aberto para o tecido empresarial. Os establecementos turísticos e axencias de viaxes interesadas aínda poden adherirse ata o 1 de decembro, a través da plataforma oficial bonoturismo.gal.

 

Con esta medida, Galicia afianza a súa estratexia de posicionarse como un destino atractivo durante todo o ano, consolidando a aposta por un modelo turístico sostible, de calidade e vinculado ao territorio.