As Rutas do Viño de Galicia abren as súas portas na 14ª da Primavera de Portas Abertas

As Rutas do Viño de Galicia abren as súas portas na 14ª da Primavera de Portas Abertas

  • Turismo de Galicia e as cinco Rutas do Viño presentaron unha programación con catas, degustacións, visitas guiadas, paseos en barco, talleres, e diversas actividades.

 

O Clúster Turismo de Galicia asistiu a semana pasada á presentación oficial da 14ª edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, un evento que se converteu nunha cita imprescindible no calendario enoturístico galego. En representación do Clúster participou o seu presidente, Cesáreo Pardal, apoiando unha iniciativa que impulsa o enoturismo como unha experiencia auténtica e sostible.

 

A Primavera de Portas Abertas celebrarase durante todas as fins de semana de maio, permitindo aos visitantes achegarse á riqueza vitivinícola de Galicia a través dun amplo programa de actividades. As rutas protagonistas serán:

 

  • Ruta do Viño Monterrei: do 2 ao 4 de maio.
  • Ruta do Viño Valdeorras: do 9 ao 11 de maio.
  • Ruta do Veu Rías Baixas: do 16 ao 18 de maio.
  • Ruta do Viño Ribeira Sacra: do 23 ao 25 de maio.
  • Ruta do Viño Ribeiro: do 30 de maio ao 1 de xuño.

 

Durante estas fins de semana, máis de 60 adegas abrirán as súas portas con visitas guiadas gratuítas. Ademais, os visitantes poderán gozar de catas, roteiros históricos e de natureza, paseos en barco, talleres, concertos e outras propostas singulares. Todo iso acompañado dos tradicionais Buses do Viño, que ofrecerán 35 itinerarios diferentes con saídas desde as principais cidades galegas e Ponferrada.

 

A programación completa e os detalles de cada ruta están dispoñibles na web turismo.gal.