As 9 festas de Semana Santa en Galicia de Interese Turístico

  • Sete destas festividades foron recoñecidas como de Interese Turístico e, dúas máis, alcanzaron a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.

En Galicia, a Semana Santa é un evento cheo de tradición, música sacra e procesións conmovedoras, atraendo a visitantes co seu fervor relixioso e manifestacións culturais. En total Galicia celebra 9 festas de interese, repartíndose entre sete de Interese Turístico, e dúas de Interese Turístico Internacional.

 

Cada un dos municipios onde se celebran as procesións de Semana Santa ofrece a oportunidade de descansar e somerxerse en tradicións arraigadas, gozar da exquisita gastronomía galega e explorar os nosos espazos naturais. A continuación, as celebracións destacadas:

 

Festas de Interese Turístico Internacional

 

  • A Semana Santa de Viveiro. Esta destaca polas súas procesións, nas que pasos elaborados e de grande interese artístico enchen as rúas de fervor relixioso.
  • A Semana Santa en Ferrol. Desde o Domingo de Ramos ata o da Resurrección, a cidade ferrolá convértese en epicentro turístico grazas ás súas emocionantes procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús.

 

Festas de Interese Turístico

 

  • Festas do Santísimo Cristo en Fisterra. A festividade a multitude de persoas para participar na “Danza da Nosa Señora das Areas”.
  • Semana Santa de Betanzos. Baixo a premisa de entender por que morreu e resucitou Cristo, e celebrar a súa entrega á morte, Betanzos acolle unha semana chea de procesións e celebracións relixiosas.
  • Semana Santa de Cangas. A celebración inclúe eventos como a procesión do Xoves Santo coa representación da última cea, ou a Oración na Horta e a Flaxelación.
  • Semana Santa de Lugo. Co seu arraigamento na Idade Media coa Orden Terceira de San Francisco, destaca pola singular procesión do Xoves Santo desde 1963, única en España.
  • Semana Santa de Mondoñedo. Arraigada nunha historia que se remonta ao século XVI, distínguese pola súa espiritualidade, destacando a importancia da Catedral de Mondoñedo como centro das celebracións.
  • Semana Santa de Parada. Destaca pola súa conmovedora representación da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo, iniciada en 1993 pola Confraría de Semana Santa e Pascua.
  • Semana Santa de Santiago de Compostela. Con máis dunha semana de extensión, as procesións organizadas por 13 confrarías representan a paixón de Cristo con profunda emoción.