A Xunta de Galicia reforza a presenza do destino Galicia no mercado de alto impacto e de excelencia

A Xunta de Galicia reforza a presenza do destino Galicia no mercado de alto impacto e de excelencia

  • Turismo de Galicia participou a semana pasada nas xornadas organizadas en Milán.

Turismo de Galicia reafirma o seu compromiso co turismo de calidade e desestacionalizado, buscando atraer a viaxeiros con elevada capacidade de gasto. A semana pasada, a axencia participou nunhas xornadas en Milán xunto a máis de 20 operadores especializados neste mercado.

 

Con esta acción, a Xunta de Galicia avanza no posicionamento de Galicia como un destino atractivo para segmentos de mercado de alto impacto turístico, destacando os seus numerosos activos mediante experiencias e servizos de excelencia. Entre as accións promocionais, destácanse os atractivos culturais e de lecer, o patrimonio cultural e gastronómico, a enogastronomía, os xardíns históricos e as opcións de alto nivel en compras. Promovéronse especificamente o patrimonio galego, así como produtos como a ruta dos viños e camelias, a Ribeira Sacra e a costa e interior de Galicia.

 

Esta iniciativa enmárcase na aposta de Axéncia Turismo de Galicia por seguir reforzando a presenza do turista internacional, cuxa afluencia foi crecendo na Comunidade nos últimos anos. Atraer a viaxeiros de alto poder adquisitivo, que realizan un número significativo de viaxes ao ano e teñen unha alta capacidade de gasto no destino, é un dos obxectivos estratéxicos inmediatos para combater a estacionalidade turística.

 

A xornada en Milán permitiu afianzar contactos e seguir definindo estratexias para a diversificación de mercados. Nos últimos meses, Turismo de Galicia tamén participou en eventos como ‘Luxury Spain Connects with UK Luxury Axencies’ en Londres, a ILTM de Cannes e unha acción especializada en Berlín o pasado abril.