Volvendo facer unha chamada á implicación do conxunto da sociedade galega nos próximos retos que expón a celebración do Xacobeo 2021, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou algúns dos obxectivos fixados pola Xunta para esta próxima celebración durante a presentación do Plan Estratéxido do Xacobeo, que tivo lugar nun acto na Cidade da Cultura nun acto no que se deu cita máis de 700 persoas procedentes dos ámbitos da política, a cultura ou a peregrinación. Neste sentido, Núñez Feijóo destacou o seu convencemento de que o Xacobeo 2021 faga crecer o Produto Interior Bruto de Galicia un 0,9% e cre 11.500 empregos a tempo completo no próximos catro anos, desde hoxe até 2022, o último exercicio que se verá influenciado directamente polo Ano Santo.
Fíxoo durante a presentación do Plan estratéxico do Xacobeo 2021 ante membros da Igrexa, alcaldes dos máis de 120 concellos polos que transcorren os camiños, asociación xacobeas e culturais e directivos turísticos, unha ampla representación de Galicia coa que se quería evidenciar que “o Xacobeo é de todos. As galegas e os galegos temos o dereito de vivir o Xacobeo, de gozalo, pero tamén temos o deber de preparalo, de enriquecelo, cada un desde as súas respectivas responsabilidades, individuais ou colectivas”, aseverou.
Na mesma liña, Feijóo destacou a importancia de cada un dos papeis que ten cada persoa ou entidade para que a terra que se vexa no Xacobeo 2021, e nos seguintes de 2027 e 2032, sexa “máis Galicia Calidade que nunca”, e expresou o seu desexo de que toda a Comunidade sexa a casa acolledora para os que nos visiten, un territorio que, de cumprirse as expectativas da Xunta, co obxectivo de chegar a superar no próximo Ano Santo os 9,3 millóns de visitantes, entre viaxeiros e peregrinos, que se marcaron no anterior Xacobeo.
Do mesmo xeito, asegurou que o Xacobeo dos 5.000 días como o denominou a Xunta, ?esixe que demos o mellor de nós mesmos cada un deles? e convidou a todos os galegos a aproveitar xuntos a Galicia Xacobea da próxima década para profundar nos ámbitos marcados como prioritarios: unha Galicia verde, nova, familiar e innovadora, ámbitos nos que tamén se configurou o desenvolvemento do Plan Estratéxico do Xacobeo, do que se presentou un vídeo resumen baixo o slogan “Eu Teño 21”.
Galicia, no mellor momento para a celebración dos Anos Santos
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta afirmou que “non cabe dúbida de que aproveitar os seguintes Anos Santos como plataforma para ensinar a Galicia que queremos ser na próxima década é un obxectivo ambicioso?, pero asegurou que ?temos unha vantaxe que nos permite facelo coa preparación debida: hai tempo suficiente”.
Neste sentido, explicou que, a diferenza do Xacobeo 2010, “levamos preparando esta cita desde hai anos, e con aínda máis intensidade desde agora, xa con este Plan Estratéxico como folla de ruta, aínda a ano e medio para que se abra a Porta Santa”. Feijóo avogou, ademais, por lograr esa unidade administrativa, da Xunta, concellos e Goberno central, pois “será o mellor exemplo para as galegas e os galegos”. Nesa liña, puxo como exemplo os resultados da convocatoria O teu Xacobeo, que revelan unha Galicia con ideas e con ganas de que o próximo Ano Santo “sexa o mellor tamén porque será o máis participativo”, dixo, pondo en valor que “así debe ser porque cada gran que se achegue contará para poder lograr os mellores resultados”.
O presidente da Xunta resaltou para finalizar que o fenómeno peregrino permite mostrar desde Galicia unha visión polifacética do mundo, cunha gran capacidade para entender a diversidade. “Defender o Xacobeo debería obrigarnos tamén a converternos en promotores desa diversidade, que é tan contraria ás tentacións aislacionistas como a aqueloutras que pretenden desdibujar a personalidade de cada territorio”, sentenciou.