A Xunta ampliará o prazo para solicitar as axudas de eficiencia enerxética para aloxamentos turísticos

A Xunta ampliará o prazo para solicitar as axudas de eficiencia enerxética para aloxamentos turísticos

O prazo de presentación, que acababa o 30 de marzo, será ampliado ata principios de maio.

 

Os beneficiarios poderán sufragar ata o 90 % das actuacións previstas e recibir ata un máximo de 150.000 euros.

 

Os aloxamentos turísticos galegos dispoñerá de máis tempo para optar ás axudas para actuacións de eficiencia enerxéticas que concede a Xunta. A Administración pública ten intención de ampliar o prazo de presentación de solicitudes, que inicialmente se pechaba o próximo día 30 deste mes de marzo, ata comezos do mes de maio co obxectivo de facer chegar estas subvencións a un maior número de empresas. Ata a data consumiuse menos do 10 % dos máis de 7 millóns de euros dispoñibles en axudas.

 

As axudas, tal como se pode ver na sede electrónica da Xunta, están dirixidas a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos, a condición de que ocupen a totalidade da edificación, aínda que se establece que tamén cumpren este requisito aqueles aloxamentos turísticos que teñan locais de restauración integrados na edificación con acceso directo desde a vía pública e que sexan da mesma titularidade.

 

Os beneficiarios poderán recibir ata o 90 % do investimento realizado e ata un máximo de 150.000 euros. As actuacións subvencionables previstas son a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, a mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/o calor residual para complexos turísticos de varios edificios, e a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

 

Para poder optar ás axudas, a execución desas actuacións deberá permitir ao establecemento cumprir dúas condicións:  lograr unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto a a situación de partida, e mellorar a cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra da escala de emisións de dióxido de carbono, salvo que o edificio xa acredite unha cualificación enerxética A. Os beneficiarios tamén poderán sufragar con cargo á subvención recibida os gastos do proxecto de mellora.

 

Precisamente, o contido destas axudas e os requisitos e procedementos para solicitalas centraron un webinar organizado por Turismo de Galicia e que se celebrou o pasado 16 de xaneiro coa participación, entre outros, do presidente do Clúster, Cesáreo Pardal. O contido da sesión está dispoñible está dispoñible a través de Youtube para que os interesados en acceder a estas subvencións poidan consultar a información proporcionada aquel día: https://youtu.be/nCGfLY-vN3k

 

Os interesados en acceder as axudas poden consultar tamén unha guía de empresas de servizos enerxéticos de ámbito estatal: https://www.idae.es/companies/energetic-services?field_title_value=&field_text5_und_value=&field_taxref_ccaa_target_ide=274&field_ref_tax_province_target_ide=All