A Ruta do Viño Rías Baixas, primeira Ruta do Viño de España en obter as certificacións Q de Calidade e S de Sustentabilidade do ICTES

A Ruta do Viño Rías Baixas, primeira Ruta do Viño de España en obter as certificacións Q de Calidade e S de Sustentabilidade do ICTES

  • Rías Baixas posiciónase como unha das rutas de referencia do sector enoturístico español.

A Ruta do Viño Rías Baixas marcou un fito ao converterse na primeira en España en recibir as certificacións “Q” de Calidade Turística e “S” de Sustentabilidade, outorgadas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Este recoñecemento reforza a súa posición como un destino enoturístico de referencia, que combina excelencia, autenticidade e compromiso co medio ambiente.

 

O distintivo “Q” avala a xestión profesional, a calidade dos servizos e a satisfacción dos visitantes que gozan desta ruta, consolidando a Rías Baixas como un referente no sector. Pola súa parte, a certificación “S” de Sustentabilidade destaca os esforzos por implementar prácticas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), promovendo un turismo responsable e ético que dinamiza as economías locais e respecta o entorno natural.

 

A Ruta do Viño Rías Baixas é unha das entidades que se valeu do servizo de consultoría que o Clúster Turismo de Galicia pon á disposición das empresas turísticas, co obxectivo de que as entidades do sector obteñan ou manteñan as certificacións do ICTE e de simplificar o proceso ás entidades turísticas interesadas.