Os catro socios da marca (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) participarán no evento “Norte Diem” para presentar as súas ofertas turísticas ao mercado norteamericano.
Os Estados Unidos son un mercado prioritario para a nosa rexión, xa que é o país co segundo maior número de visitantes e tamén o primeiro en canto a peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.
En 2024, case 400.000 estadounidenses visitaron Galicia e, no que vai de ano, xa se rexistraron 33.180 peregrinos.
O evento, que conta co apoio da Oficina de Turismo de España en Nova York, está dirixido a axencias de viaxes, operadores turísticos, creadores de contidos dixitais, prensa especializada e figuras relacionadas coa gastronomía, que poderán degustar un menú con pratos e produtos exclusivos de cada rexión.
A marca turística “España Verde” creouse en 1989, en colaboración con Turespaña, co obxectivo de promocionar conxuntamente no estranxeiro as ofertas das catro rexións do norte de España.