A Deputación da Coruña anunciou a primeira edición dos Premios de Turismo, co fin de recoñecer o traballo de persoas, empresas e entidades que marcaron a diferenza no sector turístico da provincia. Os galardóns buscan destacar iniciativas centradas na innovación, sostibilidade e posta en valor da autenticidade do territorio, fundamentais para o desenvolvemento dun turismo diferenciado e de calidade.
Nesta primeira edición, os premios divídense en cinco categorías:
Ademais destas cinco categorías, o xurado poderá outorgar ata dúas mencións especiais a persoas, empresas ou entidades que, sen ser propostas formalmente, desenvolvesen un labor destacado no ámbito turístico provincial.
O xurado estará composto por expertos do sector e profesores do grao de Turismo da Universidade da Coruña. As candidaturas poden presentarse ata as 14:00 horas do 28 de outubro a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación. As bases completas da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia do 11 de outubro. Os gañadores recibirán un galardón conmemorativo nunha gala organizada que se celebrará o 8 de novembro no NH Finisterre.