A Costa da Morte impulsa o astroturismo

  • O principal reto é avanzar cara á excelencia turística a través de produtos diferenciadores.

Os principais actores implicados na xestión e promoción da Costa da Morte reuníronse para impulsar a Mesa Starlight, despois de conseguir a distinción de Destino Starlight.

 

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) constitúe a mesa de traballo destinada á conservación do ceo nocturno no territorio e que deseñará a folla de ruta para desenvolver o astroturismo.

 

Á súa vez, actuará como nexo directo coa Fundación Starlight e servirá como punto de encontro para recoller os proxectos relacionados coa Declaración en Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito á Luz das Estrelas.

 

Estará conformada polos concellos do xeodestino, representantes da iniciativa privada do sector turístico, asociacións e o sector educativo.

 

Un dos principais obxectivos será reducir a contaminación lumínica que xera a iluminación pública, para mellorar a saúde e as condicións de vida da veciñanza.

 

O principal reto desta iniciativa é situar á Costa da Morte na vangarda de excelencia turística a partir de produtos diferenciadores.