A campaña ‘Activa o modo off. Activa o modo GDF’ para a marca turística ‘Galicia Destino Familiar’ pecha a promoción con éxito: máis de 600.000 impresións

A campaña ‘Activa o modo off. Activa o modo GDF’ para a marca turística ‘Galicia Destino Familiar’ pecha a promoción con éxito: máis de 600.000 impresións

  • A campaña desenvolveuse ao longo do mes de novembro.
  • Unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual e un sorteo foron algunhas das accións que formaron parte da campaña.

O Clúster Turismo de Galicia conclúe con éxito a campaña de promoción da marca turística Galicia Destino Familiar (GDF), deseñada para visibilizar e posicionar os establecementos galegos especializados no segmento familiar. Durante o mes de novembro, esta iniciativa conseguiu xerar un impacto significativo, acadando un total de 604.758 impresións e 5.012 clics nas súas diferentes accións dixitais.

 

Un chamamento a desconectar e reconectar

 

Baixo o claim “Activa o modo off. Activa o modo GDF”, a campaña convidaba ás familias a desconectar da rutina diaria, redescubrir o tempo de calidade e gozar de todo o que Galicia ofrece como destino familiar. Esta mensaxe, acompañada dunha peza audiovisual e dunha estratexia dixital integral, acadou un alcance destacado tanto no público galego como no resto do territorio estatal.

 

Estratexia e accións destacadas

 

A campaña combinou diferentes ferramentas para maximizar o seu impacto:

 

  • Peza audiovisual: un vídeo promocional que mostrou as múltiples posibilidades da marca, destacando aloxamentos, restaurantes e actividades adaptadas para familias, acompañado de 5 píldoras audiovisuais que reforzaban a mensaxe principal.
  • Páxina landing: deseñada para centralizar a información sobre a iniciativa e facilitar o acceso aos detalles da marca.
  • Paid Media: estratexias en Google Ads e Social Ads que lograron unha gran visibilidade.
  • Sorteo en Instagram de Galicia Destino Familiar: un premio de 300 € para desfrutar en calquera dos establecementos con selo GDF, unha acción que xerou interacción directa cos seguidores da marca e ampliou o alcance da campaña.

 

A campaña serviu non só para reforzar a visibilidade dos establecementos adheridos a Galicia Destino Familiar, senón tamén para consolidar a marca como un referente en turismo familiar de calidade. Este éxito reafirma o compromiso do Clúster Turismo de Galicia coa promoción dun turismo sostible e adaptado ás necesidades de todos os públicos.

 

O Clúster anima aos establecementos galegos interesados en formar parte de Galicia Destino Familiar a adherirse á iniciativa para beneficiarse do selo de garantía e seguir contribuíndo ao crecemento deste segmento turístico na rexión.