Investimentos e plan de seguridade: continúan os traballos para a posta a piques dos Camiños de Santiago de face ao Xacobeo2021

Investimentos e plan de seguridade: continúan os traballos para a posta a piques dos Camiños de Santiago de face ao Xacobeo2021

Galicia investirá 15,6M? para que todos os itinerarios do Camiño de Santiago cheguen ao Xacobeo 21 nas mellores condicións

A Consellería de Cultura e Turismo propón o deseño dun plan de seguridade e o establecemento de protocolos de asistencia de face á celebración do próximo Ano Santo

A Xunta de Galicia continúan avanzando nos preparativos para o Xacobeo2021 e faio dándolle continuidade aos importantes investimentos que se están realizando nos diferentes camiños desde 2015, dentro do Plan Director do Camiño. En concreto, os novos traballos orientados á supervisión, mantemento e posto a piques das Rutas Xacobeas suporá un investimento de 15,6 millóns de euros e afectará a unha superficie superior aos 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos nos dous próximos anos. Estes investimentos beneficiarán a todos os treitos do Camiño, pero nos dous primeiros anos o maior investimento corresponderá ao Camiño Francés, o máis transitado.

Ademais, e orientado a avanzar na coordinación da seguridade nos Camiños, o conselleiro de Cultura e Turismo celebrou unha comisión interdisciplinar na Delegación do Goberno de Galicia como primeiro paso para a coordinación interadministrativa e de definir estratexias e espazos de acollida para grandes grupos de peregrinos no próximo Ano Santo. Neste sentido, Román Rodríguez abordou a necesidade de deseñar un plan operativo neste campo que permita encarar a celebración do Xacobeo 21 coas maiores garantías e responder o reto da xestión de fluxos que este evento suporá na Comunidade.

Así, Román Rodríguez puxo sobre a mesa a creación dunha comisión encargada do deseño dun plan operativo de seguridade, que se inicie en 2020, baseado na coordinación, coa participación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e Protección Civil e que integre a todos os axentes implicados nestas tarefas, favorecendo a coordinación entre todos os actores implicados na xestión do Camiño e incluíndo como membros desta comisión aos representantes das deputacións provinciais de Pontevedra e Ourense, que polo de agora non están a participar nela.

Neste sentido, a Xunta solicitou información para coñecer o estado no que se atopan as melloras de seguridade viaria necesarias no Camiño Francés e no Portugués, os dous itinerarios máis percorridos, e destacou a importancia de atender tamén os posibles puntos conflitivos do resto de rutas anticipándose a situacións problemáticas.

Mellora permanente
Neste sentido, Román Rodríguez comentou que a Xunta leva traballando amplamente na seguridade viaria dos peregrinos a través de actuacións realizadas nos proxectos de mellora e sinalización iniciados en 2015 no marco do Plan Director do Camiño e que, seguindo o calendario previsto, culminará en 2020 cun investimento que, en conxunto, supera os 10 millóns de euros. A esta cantidade sumaranse o oito contratos de mantemento, por un valor de 15,6 millóns de euros, aprobados no último Consello da Xunta e que garantirán até 2022 a conservación do traballo feito ao longo deste período.

Campañas de sensibilización
Todas estas accións complementaranse con campañas de concienciación entre os peregrinos, distribución de cubremochilas nos albergues e distribución da Guía de emerxencias para peregrinos polos Camiños de Santiago editada o pasado ano, froito do compromiso de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza e Axénciaa Turismo de Galicia, un acordo que permite incorporar ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil na tarefa de reforzar a seguridade dos peregrinos.