Galicia posiciónase entre os destinos favoritos dos españois para viaxar en 2026

Galicia posiciónase entre os destinos favoritos dos españois para viaxar en 2026

  • O informe de SiteMinder sitúa á comunidade no top 3 nacional: Andalucía, Galicia e Madrid

 

Galicia será un dos destinos máis demandados polos viaxeiros españois en 2026. Así o recolle o Changing Traveller Report 2026 de SiteMinder, un estudo que coloca á comunidade galega no segundo posto nacional, só por detrás de Andalucía, cun 22% de intención de viaxe.

 

O informe revela que o viaxeiro español mantén unha clara preferencia polos destinos nacionais. Más da metade combinará viaxes dentro e fóra do país, pero un 31% planea viaxar exclusivamente en España. Neste escenario, Galicia posiciónase como unha alternativa atractiva tanto para escapadas familiares e viaxes en parella como para quen busca natureza, gastronomía, cultura e benestar.

 

  • Experiencias, natureza e sostibilidade: claves do atractivo galego

 

O informe sinala que os viaxeiros priorizarán escapadas que ofrezan experiencias reais: gastronomía, natureza, benestar e cultura. Galicia, cunha oferta diversa e un modelo turístico cada vez máis sostible, consolídase como unha opción atractiva tanto para familias como para parellas e viaxeiros culturais.

 

A presenza de Galicia no top 3 nacional reafirma a súa fortaleza como destino e abre novas oportunidades para seguir impulsando a desestacionalización e diversificando produtos turísticos de calidade para 2026.