Galicia sitúase como destino MICE de referencia en Madrid

  • O turismo de congresos e eventos xa representa o 13% do turismo xeral en Galicia.
  • Cesáreo Pardal e Jesús Picallo, presidente e vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia, asistiron á presentación e workshop da Coruña como destino MICE e congresual en Madrid a semana pasada.

O pasado xoves, Galicia situouse como destino clave para o turismo de congresos, eventos e viaxes de incentivos (MICE) no workshop celebrado en Madrid. O evento, organizado por OPC Galicia en colaboración con Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, tivo lugar en Sala Platea e contou coa asistencia de máis de 100 profesionais do sector, quenes participaron en diversas mesas de traballo e actividades destinadas a impulsar a oferta de turismo MICE da comunidade.

 

Durante a xornada, 14 empresas galegas de sectores como o audiovisual, recintos congresuais, e organización de eventos, presentaron as oportunidades que ofrece Galicia como destino para o turismo de negocios. Os asistentes, entre eles axencias de eventos e organizadores de congresos de todo o país, puideron coñecer de preto a crecente oferta de espazos e servizos que consolidan a Galicia como un destino competitivo no mercado MICE.

 

Entre os participantes destacaron Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, Ana Trevisani, presidenta de OPC Galicia, Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, e Jesús Picallo, vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia. Na súa intervención, Trevisani destacou o crecemento do turismo MICE en Galicia, que xa representa o 13% do total do turismo na comunidade. “Galicia é auténtica, diferente, experiencial. Sabemos como facer que todos sentan como na casa”, sinalou, subliñando a importancia da colaboración entre empresas para ofrecer un servizo de alta calidade.

 

A marca Galicia MICE e a súa contraparte provincial Coruña MICE continúan gañando relevancia a nivel nacional. Grazas á oferta diversa de espazos, a excelente conectividade e a profesionalidade das empresas galegas, Galicia estase a consolidar como un destino atractivo para eventos corporativos e congresos, ofrecendo unha alternativa singular e de calidade para o sector MICE en España.