Galicia rexistra máis de 5,6 millóns de viaxeiros aloxados e 11 millóns de noites

Galicia rexistra máis de 5,6 millóns de viaxeiros aloxados e 11 millóns de noites

  • A cifra de viaxeiros rexistrada no que vai de ano ata o mes de setembro, supón un incremento do 6%.
  • No caso dos establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, a cifra elevouse un 9%.
  • Só no mes de setembro, as pernoctacións aumentaron un 21,5%.

 

O turismo en Galicia sigue á alza. No que vai de ano, ata o mes de setembro, nosa Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións) como extrahoteleiros (apartamentos, cámpings, albergues e casas de turismo rural). Esta cifra representa un incremento do 6,4% no número de viaxeiros aloxados, e do 6,1% no caso das noites.

 

Estas cifras veñen apoiadas polos datos rexistrados no mes de setembro, no que tan só nos establecementos extrahoteleiros o número de viaxeiros aumentou un 21%. A isto hai que sumar os datos en hoteis e pensións, dando como resultado un mes con máis de 865.000 viaxeiros. Isto supón un incremento do 9% en tódolos establecementos só neste mes.

 

No que respecta á ocupación en apartamentos turísticos, Galicia recibiu en setembro a 27.529 viaxeiros e rexistrou 82.186 pernoctacións, cunha estancia media de 2,99 días. No caso dos cámpings, Galicia recibiu en setembro a 34.735 viaxeiros e rexistrou 114.308 pernoctacións, cunha estancia media de 3.29 días. En canto aos aloxamentos de turismo rural, Galicia recibiu en setembro a 27.905 viaxeiros, rexistrando 44.892 pernoctacións, cunha estancia media de 1,61 días.

 

Os datos reflicten o dinamismo do sector turístico galego. Segundo os datos do INE, durante os nove primeiros meses do ano rexistráronse os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que se teñen rexistros, superando nun 7% os datos do ano pasado, en un 26% os do 2019, ano anterior á pandemia.

 

No que respecta á taxa de variación anual de pernoctacións nos albergues, ocúpanse o 34,7% das prazas, un 13% máis que o ano pasado; e o grao de ocupación en fin de semana chega ao 37,6%, cun aumento do 13,4%. Galicia é o destino preferido, con 207.524 pernoctacións.