Galicia recibe unha nova estrela Michelin, sumando xa 19

  • O restaurante de Brais Pichel, Terra, recibe por primeira vez a estrela Michelin.
  • En total, son 17 os restaurantes da comunidade distinguidos, acumulando 19 estrelas.

 

A Guía Michelin 2024  recoñece un ano máis a gastronomía española. Os galardoados desta edición foron anunciados durante a Gala 2024, celebrada no Centre de Convencions Internacionals de Barcelona (CCIB) a finais de novembro. A guía recoñeceu a 31 restaurantes con 1 estrela, destacando un restaurante galego.

 

O nome do xefe de cociña galego Brais Pichel sumouse ás novas estrelas concedidas este ano co seu restaurante Terra, localizado en Fisterra, en plena praia da Ribeira. Entra así nunha exclusiva cualificación que comparten aqueles que ofrecen “unha cociña de gran nivel, produtos de primeira calidade, coidadas elaboracións, sabores marcados e notable regularidade na confección dos pratos”.

 

Pichel volverá á súa casa para darlle un xiro ao seu negocio familiar e reformular, desde unha visión moderna, os sabores da Costa da Morte. O restaurante ofrece un único menú degustación de tempada, no que se escolle o mellor produto na súa mellor época, “buscando a esencia e respecto polo que nos rodea”.

 

Restaurantes con estrela Michelin en Galicia

 

Pontevedra

Culler de Pau – O Grove – 2 estrelas

Maruja Limón – Vigo – 1 estrela

Silabario – Vigo – 1 estrela

Eirado da Leña – Pontevedra – 1 estrela

Yayo Daporta – Cambados – 1 estrela

Pepe Vieira Camiño da Serpe – Poio – 2 estrelas

Casa Solla – Poio – 1 estrela

 

A Coruña

Terra – Fisterra – 1 estrela

O’Pazo – Padrón – 1 estrela

Árbore da Veira – A Coruña – 1 estrela

As Garzas – Malpica – 1 estrela

Retiro da Costiña – Santa Comba – 1 estrela

A Tafona – Santiago de Compostela – 1 estrela

Casa Marcelo – Santiago de Compostela – 1 estrela

 

Ourense

Ceibe – Ourense – 1 estrela

Restaurante Miguel González – Pereiro de Aguiar – 1 estrela

Nova – Ourense – 1 estrela