Galicia ocupa o sexto posto no ranking de valoracións dos viaxeiros no estudo anual de Tripadvisor

Galicia ocupa o sexto posto no ranking de valoracións dos viaxeiros no estudo anual de Tripadvisor

O portal de viaxes recolle que Canarias, A Rioxa, Andalucía, Asturias, Estremadura e Baleares son as rexións españolas mellor valoradas

Os restaurantes das Illas Canarias, Baleares e Andalucía son os mellor valorados entre os viaxeiros de de TripAdvisor

O estudo anual realizado por TripAdvisor sobre as valoracións medias obtidas polos establecementos españois en 2018 mostra unha excelente imaxe da saúde do sector turístico en España, indicando as rexións mellor valoradas, así como as puntuacións obtidas polos hoteis, restaurantes e lugares de interese españois en cada unha das comunidades autónomas e provincias. “As puntuacións que obtivo España en 2018 pon de manifesto que o noso país é un destino moi desexado polos viaxeiros, tanto estranxeiros como locais. A gastronomía española, a calidade dos nosos aloxamentos e a extensa listaxe de lugares de interese turístico que ofrece o noso país son os principais atractivos para os viaxeiros de todo o mundo?, asegura Branca Zayas, Responsable de Comunicación de TripAdvisor en España.

A valoración xeral de España como destino turístico en 2018 continúa sendo excelente. Do mesmo xeito que en 2017, o noso país obtivo unha media de 4,14 sobre 5, segundo as puntuacións outorgadas polos viaxeiros en TripAdvisor, aumentando ao longo dos últimos anos, desde un 4,12 sobre 5 en 2012. A nivel rexional as Illas Canarias e A Rioxa -que escalou tres postos respecto ao ano anterior- son as mellor valoradas de España, coa maior puntuación do país en 2018 (4,26). Séguenlle Andalucía (4,24), Asturias (4,23), Estremadura (4,22) e Illas Baleares (4,21) mentres que Galicia ocupa o sexto posto con valoración xeral de 4,20. En aloxamentos os galegos obteñen unha puntuación de 4,13 mentres que nos lugares de interese sobe até os 4,45 puntos. Finalmente os restaurantes obteñen unha puntuación moito menor, apenas un 4,01 aínda que na media xeral de España.

Os lugares de interese turístico obteñen as cifras máis altas

A nivel estatal, os lugares de interese turístico, cunha puntuación media de 4,38 sobre 5, foron o mellor valorado en España. Respecto dos aloxamentos e restaurantes, os viaxeiros de TripAdvisor outorgaron unha cualificación media de 4,02 e 4,03 sobre 5, respectivamente.

Por rexións, Asturias e A Rioxa (4,16), Comunidade de Madrid (4,14), Andalucía e Navarra (4,13) e as Illas Canarias (4,11) encabezan as primeiras posicións en canto aos hoteis mellor valorados de España. Respecto de lugares de interese, os de Asturias son os máis populares, cunha puntuación de 4,49 sobre 5. Séguenlle Estremadura, Castela e León, Andalucía, País Vasco e Aragón. Doutra banda, os viaxeiros de TripAdvisor valoraron ás Illas Canarias como a rexión gastronómica mellor valorada (4,24), seguida por Baleares, Andalucía, A Rioxa, Cataluña e Comunidade Valenciana.