Test PCR para empleados de aloxamentos e outras actividades turísticas

Mapa Dispoñible

Fecha/Hora
Date(s) - 30/11/2020 - 31/12/2021
09:00

Categorías


A Xunta de Galicia en colaboración co Cluster de Turismo de Galicia, ofrecen un servizo de cribado voluntario para o persoal que traballe en aloxamentos e outras actividades situados en Galicia. A través desta iniciativa preténdese reforzar o concepto de Galicia Destino Seguro, ofrecendo unha maior confianza aos visitantes e permitindo que os profesionais do sector turístico reduzan de forma notable o risco de contaxio en contornas laborais.

Así, os empregados do sector poderán ter acceso a un servizo de test PCR para detección do coronavirus SARS-CoV-2, que permita reforzar a mensaxe de seguridade á hora de consumir os servizos do citado establecemento.

Para iso articúlase un formulario web para que as persoas que traballen nos devanditos establecementos poidan darse de alta na web, que se remitirá ao Sergas para que poidan programar a realización das probas.

O propio Sergas porase en contacto con aquelas persoas que notificaron o seu interese na realización da proba para acordar a cita correspondente.

Formulario

Las reservas están cerradas para este evento.